Unidade 7 Educaci1n literaria
¿Qué elemento de representación determina a época e o espazo da acción?
Apuntes
Unidade 7 Educación literaria O xénero dramático. Elementos textuais Elementos textuais : A obra de teatro conta con dous tipos de elementos textuais: O diálogo: é o intercambio de mensaxes entre dúas ou máis persoas, que al- ternan os papeis de emisor e receptor. A través del coñecemos os persona- xes e a súa problemática, e seguimos o desenvolvemento da acción. As intervencións van precedidas polo seu nome e un signo gráfico (raia ou dous puntos). As anotacións ou didascalias: son as instrucións para a representación e pa- ra que o lector visualice mentalmente a súa propia posta en escena. Adoi- tan escribirse en cursiva (e ás veces entre parénteses). Informan acerca de: – as características do espazo escénico (iluminación, escenografía, atrezo...), – as entradas e saídas dos personaxes, – a entoación e os acenos dos actores e das actrices, – a dirección da súa conversa, é dicir, a quen se dirixen cando falan. Aínda que a forma do discurso propia do xénero dramático é o diálogo, tamén poden aparecer outras formas textuais: - O monólogo: é unha reflexión en voz alta realizada por un personaxe para dar a coñecer o que pensa ou sente. - O aparte: é unha interve...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis