Tema 10. A ilustraci1n. O estilo Neocl2sico.
Segundo o texto, cal é a principal virtude humana na Ilustración?
Apuntes
Tema 10. A ilustración. O estilo Neoclásico A Ilustración foi un movemento cultural xurdido en Francia no século XVIII e difundido a través da “Encyclopédie”, unha obra de 28 volumes dirixida por D’Alembert e Diderot que recollía todo o saber da época e os avances da ciencia e da tecnoloxía. As ideas ilustradas influíron na Revolución Francesa e na independencia das Trece Colonias e de América Española. • Ideas xerais da Ilustración A razón é a principal virtude humana porque con ela consegue o progreso e a felicidade. O século XVIII é o “século das luces” porque a razón é como unha luz que ilumina a escuridade. Os gobernantes deben potenciar a educación e a ciencia para mellorar a vida das persoas e vencer as enfermidades e a pobreza. Voltaire defendeu a tolerancia relixiosa, condenou a superstición porque é un obstáculo ao progreso, e criticou o poder político e económico da Igrexa Católica. • Ideas políticas Os ilustrados queren acabar coa monarquía absoluta e tomaron ideas do inglés John Locke, que a finais do século XVII propuxo un sistema político baseado nun acordo entre o gobernante e o pobo. Montesquieu, na obra “O espírito das leis”, defende a monarquía parlamentar...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis