24 Lingua
¿Cuál es el origen de la lengua gallega?
Apuntes
24 Lingua e sociedade 1 1. Formación da lingua galega A lingua galega ten a súa orixe no latín vulgar, isto é, no latín falado pola poboación romana. Este latín vulgar vai sufrir mudanzas fonéticas e léxicas por causa das linguas prelatinas e recibirá achegas léxi- cas coas invasións xermánicas e árabes posteriores. Para comprender a evolución da lingua galega, cóm- pre revisar os feitos históricos máis relevantes na súa formación. As tropas do imperio romano chegan á Península Ibérica no ano 218 a. C., mais demoran en conquis- tar a zona noroeste por mor dos diversos pobos que a habitaban. A derrota final do pobo galaico chega na famosa batalla do Monte Medulio no ano 25 a. C. A partir deste momento, iníciase a romanización da Gallaecia, que foi un lento proceso de asimilación e de incorporación dos pobos prerromanos á forma de vida e á lingua latinas e que fixo desaparecer os idiomas autóctonos. A fin do imperio romano prodúcese no século V coas invasións de distintos pobos xermánicos. Así, os suevos fundan en Braga no ano 411 o primeiro reino da Europa medieval e, posteriormente en 585, son invadidos polos visigodos. Pola súa parte, no ano 711 os árabes desembarcan na Península ...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis