T9 O ESPAZO URBANO
Os criterios cuantitativos ou estatísticos baséanse en cifras. En España, o Instituto Nacional de Estatística (INE) considera urbanos os municipios con máis de ______ habitantes.
Apuntes
T9 O ESPAZO URBANO 1. O CONCEPTO E A IMPORTANCIA DA CIDADE a) O concepto de cidade é complexo e resulta da combinación de varios • Os criterios cuantitativos ou estatísticos baséanse en cifras. En España, o Instituto Nacional de Estatística (INE) considera urbanos os municipios con máis de 10000 habitantes. Este criterio por si só é incompleto, porque contabiliza a poboación de todo o termo municipal. Así, poden considerarse rurais mu nicipios de aspecto e funcións urbanas que non alcanzan esta cifra, e urbanos municipios que a superan, pero con poboación dispersa ou concentrada nun gran núcleo de aspecto e funcións rurais. • Os criterios cualitativos definen a cidade baseándose nas súas características. - O criterio morfolóxico considera o aspecto formal da cidade: poboamento concentrado, alta densidade de edificación e de poboación, e predominio da vivenda colectiva e en altura. - O criterio funcional baséase nas actividades económicas urbanas, que son distintas das agrarias: a industria e os servizos. - O criterio sociolóxico define a cidade polos seus trazos sociais: unha maior diversidade social e privacidade fronte á maior homoxeneidade e control s...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis