A ESPECIFI
¿Qué relación existía entre filosofía y ciencia en la Antigüedad y la Edad Media?
Apuntes
A ESPECIFICIDADE DA FILOSOFÍA 4. Filosofía e ciencia Desde que apareceu o pensamento racional en Grecia, os pensadores formuláronse todo tipo de preguntas relacionadas co universo, coa nature-za e co ser humano. Durante moito tempo a filosofía non se distinguía da ciencia, polo que é habitual atopar razoamentos filosóficos e científicos mesturados sobre estes temas en moitos autores da Antigüidade e da Ida-de Media. No entanto, o xurdimento da ciencia moderna en Occidente fixo que a situación mudase por completo. Durante os séculos XVI e XVII produciuse en Europa un espectacular cambio intelectual coa aparición da revolución científica. O traballo de autores como Kepler, Galileo e Newton permitiu establecer un novo e eficaz método para estudar as leis da natureza. El método científico baséase na experiencia, que serve para comprobar se as nosas suposicións sobre a realidade son certas ou falsas. Aplicando a experimentación, os científicos son quen de establecer as leis matemáticas que gobernan o comportamento da natureza. Deste xeito xurdiron diversas ciencias empíricas* como, por exemplo, a física ou a quí-mica, que lograron avances espectaculares en moi pouco tempo. O desenvolvem...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis