TEORÍA FRA
¿Quién fue el líder que gobernó España durante casi cuarenta años y reunió todos los poderes?
Apuntes
•Características do Franquismo (1939-1975) Francisco Franco Bahamonde, nacido en Ferrol, tivo o mando único do Franquismo. Desde ser o último golpista en unirse ao Golpe do 36, pasou a ser o ditador que gobernou España durante case corenta anos. Reunía todos os poderes: era o xefe de Estado (semellante ao rei actual), o xefe do Goberno (semellante ao presidente), o xeneralísimo das Forzas Armadas e o caudillo do Partido Único, ao estilo fascista italiano. O réxime caracterizábase pola censura e a represión. Durante a Guerra Civil, esmagou a fronte vermella (os rojos) e negouse a firmar calquera paz ou perdón. Tras rematar a guerra, continuou unha dura represión, destacando os paseos, onde executaban sen xuízo a persoas denunciadas, moitas veces con denuncias anónimas, sen que quedase claro se tiñan pasado político republicano. A día de hoxe, aínda hai moitos desaparecidos enterrados en fosas comúns. A censura estendíase aos medios de comunicación e á vida cotiá. Os tres piares do franquismo foron o Exército, a Falanxe e a Igrexa. O réxime foi sempre conservador, ultracatólico e con control férreo da poboación. O Exército, controlado por Franco, tiña influencia limitada pola Fala...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis