En que se diferencian o poboamento rural e o urbano1
O poboamento é a forma que temos as persoas de ocupar o ______, o que dá lugar a espazos urbanos e rurais.
Apuntes
En que se diferencian o poboamento rural e o urbano? O poboamento é a forma que temos as persoas de ocupar o territorio, o que dá lugar a espazos urbanos e rurais. Tradicionalmente, utilizáronse dous criterios para distinguir ambos os tipos de poboamento. · Tamaño dos núcleos. Os núcleos rurais son moito máis pequenos ca as cidades. A súa poboación adoita ser inferior aos 10 000 habitantes, e a súa densidade de poboación tamén é menor. En España son rurais os mu- nicipios que teñen menos de 30 000 habitantes e cuxa densidade de po- boación é inferior a 100 hab./km2. · Actividades económicas dos habitantes. A maioría dos habitantes das zonas urbanas traballa en actividades do sector terciario, xa sexa en empresas privadas ou no sector público. Ademais, nos arredores das cidades hai zonas industriais onde se desenvolven actividades perten- centes ao sector secundario. Entrementes, nas zonas rurais, moitas persoas traballan no sector primario: agricultura, gandaría, silvicultura ou pesca. Porén, desde hai unhas décadas, esas diferenzas entre o poboamento ur- bano e o rural deixaron de ser tan marcadas por unha serie de factores: Mellora no transporte. As melloras nas redes de transpo...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis