Afirmación
¿Qué es la falacia de afirmación del consecuente?
Apuntes
Afirmación do consecuente Para entender en que consiste este erro, imos supoñer que temos unha implicación do tipo "se se produce A, entón tamén debe producirse B". A falacia de afirmación do consecuente prodúcese cando observamos que se produciu B, e por ese motivo afirmamos que tamén se debeu pro-dueir A. Non obstante, isto non é certo, porque o único que nos di a impli-cación é que en caso de ter A tamén debemos ter B. Iso quere dicir que B puido producirse por outros motivos diferentes. As persoas que non se abrigan ben enferman. Ti enfermaches. Polo tan-to, non te abrigaches ben. (Este razoamento non é correcto, porque é posible que enfermases por outros motivos diferentes). A falacia de afirmación do consecuente pode formalizarse na linguaxe da lóxica do seguinte xeito: [(p→q) ^ q] → p. Negación do antecedente Esta falacia tamén se presenta cando temos un condicional como "se se produce A, entón tamén debe producirse B". O erro xorde cando non se produce A e por esa razón afirmamos que tampouco se produce B. Pero isto non é certo, xa que B pode orixinarse por outros motivos diferentes. Exemplo: Se comes chocolate, entón engordas. Ti non comes chocolate. Polo tanto non engorda...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis