Bloque 1
Apuntes
Bloque 1 Unidade Didáctica 1 QUE É FILOSOFÍA 1.- A QUE CHAMAMOS FILOSOFÍA A filosofía é explicación racional do mundo e de nós mesmos. A súa orixe grega, etimolóxicamente significa: Philos = amante, apaixonada ... Sophia = sabedoría, coñecemento Philosophia = paixón pola sabedoría A filosofía é a paixón desinteresada polo saber. Non é un saber práctico, nin un saber pensado para solucionar algún problema concreto; única e exclusivamente é saber polo gusto de saber. Podemos dicir que é un esforzo metódico do pensamento por construír unha teoría universal e racional sobre a realidade. 2.- AREAS DA FILOSOFÍA Este saber tan amplo pode clasificarse en distintas areas: - METAFÍSICA: a parte máis abstracta e complexa. Metafísica é o estudo do Ser. O Ser é aquelo que está en tódolos seres (entes) e fainos ser pero non é ningún deles; nin sequera a suma de todos estes entes. Tampouco ningún destes seres é o Ser. O Ser non está en ningún outro sitio que nos seres, non hai ser fora dos entes. - EPISTEMOLOXÍA: é a capacidade de coñecer do SH. Como coñecemos? Que coñecemos? Que fiabilidade ten o noso coñecemento? Ten límites o coñecemento? Coñecemos a Realidade? Ou só coñecemos a nosa realidade...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis