LITERATURA
¿Por qué se llama Xeración das Festas Minervais?
Apuntes
LITERATURA 1. A Xeración das Festas Minervais O nome púxollo Xosé Luís Méndez Ferrín porque todos os seus integrantes participaron e foron premiados nun concurso poético denominado deste xeito na década de 1950. Tamén se chama Xeración de 1950 e é a terceira gran promoción de poetas da posguerra. Os integrantes deste grupo recibiron o maxisterio de Ramón Piñeiro e dos membros da Galaxia , editorial na que publicaron as súas obras moitos deles. Algúns dos máis significados membros da xeración fundaron en 1958 o Grupo Brais Pinto , que deu nome a unha editorial e desenvolveu unha grande actividade cultural. Entre os seus membros estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Raimundo Patiño e Alexandre Cribeiro, todos os mozos daquela residentes en Madrid por traballo ou estudos. Os poetas da Xeración das Festas Minervais viviron nunha sociedade aínda moi pechada e pouco receptiva á cultura, e moito menos á cultura en galego. De todos os xeitos, i ntegráronse na actividade galeguista que rexurdía na década de 1950 , grazas sobre todo á tutela dos membros da Editorial Galaxia. Esta xeración interesouse polas correntes culturais e estéticas modernas. Como alternat...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis