T7. AS APLICACI1NS DA XEN2TICA
¿Qué técnica permite illar un fragmento do ADN dun organismo e inserilo noutro?
Apuntes
T7. AS APLICACIÓNS DA XENÉTICA Biotecnoloxía A biotecnoloxía é a utilización de sistemas biolóxicos, seres vivos ou os seus derivados, na creación ou modificación de produtos ou procesos de interese para as persoas. A biotecnoloxía foi utilizada dende o comezo da historia en diversos campos: - Na agricultura e gandaría: por exemplo, para obter animais e plantas resistentes a pragas e enfermidades, realizando técnicas de selección artificial. - Na industria alimentaria: utilización de microorganismos para a fabricación do viño, do pan, do iogur, etc. - Na medicina: producindo antibióticos como a penicilina, vacinas, soros, etc. Actualmente, a biotecnoloxía emprega técnicas avanzadas de manipulación do ADN. O conxunto de técnicas de manipulación de xenes no laboratorio realizadas cun propósito concreto que sexa aproveitable para as persoas recibe o nome de enxeñaría xenética. ADN recombinante Esta técnica permite illar un fragmento do ADN dun organismo e inserilo noutro. Isto produce unha modificación xenética no ADN do organismo receptor e, consecuentemente, nalgunha das súas características. Esta técnica levouse a cabo por primeira vez en 1972 por parte de Herbert Boy...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis