1.- A NOVA
Tanto Isabel, raíña da Coroa Castela, como Fernando, rei da Coroa de ______, eran da dinastía dos Trastámara.
Apuntes
1.- A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS -Unión Dinástica: Tanto Isabel, raíña da Coroa Castela, como Fernando, rei da Coroa de Aragón, eran da dinastía dos Trastámara. Acadaron o trono de Castela en 1474 trala vitoria contra Juana a Beltranexa, filla de Enrique IV de Castela, irmán de Isabel. A renuncia efectiva de Juana faise no Tratado de AlcaÇovas. O matrimonio é coñecido como o dos Reis Católicos debido ao título honorífico concedido polo Papa en 1496. Pero esta unión matrimonial non significou a unión total das dúas Coroas, senón que foi unicamente unha unión dinástica baseada nun vínculo persoal. Na Concordía de Segovia (1475) pactaran que ámbolos dous conservarían o seu poder en cada territorio. Non se fusionaron os territorios e cada unha das Coroas conservou a súa personalidade, con leis e institucións propias e diferenciadas, manténdose tamén as fronteiras e as aduanas. Pero os reis decidiron ser correxentes: gobernar os seus reinos repartíndose competencias e administrando conxuntamente os territorios, de aí o lema: “tanto monta o rei como a raíña”. Tamén estableceron un único escudo (as frechas de Sabela e o xugo de Fernando). Pero ambos decidiron manter os seus títulos...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis