1 UNIDADE
¿Qué época vivió Sócrates según el texto?
Apuntes
1 UNIDADE 2: SÓCRATES E PLATÓN I. Circunstancias históricas e culturais Sócrates viviu na segunda metade do século V a.C. nunha época que se coñece como a Ilustración ateniense. Neste tempo a filosofía sofre un xiro antropolóxico e cambia o seu rumbo, por causa da implantación da democracia e das características desta, interesándose fundamentalmente por cuestións sobre a vida e a conduta dos seres humanos na comunidade. Os trazos fundamentais desta época poderían resumirse así: —Vívese unha prosperidade material debida ao comercio marítimo. —Introdúcese unha administración democrática. —Prodúcese un auxe dunha burguesía democrática que está sostida por unha masa de escravos, sen os dereitos de isonomía, igualdade ante a lei, nin de isagoría, dereito a intervir coa palabra. —A filosofía executa un xiro intelectual dende a reflexión sobre a natureza que caracterizou aos presocráticos aos problemas éticos e políticos. Nun sistema político coma a democracia, os cidadáns experimentan a necesidade dunha educación superior que lles axude a destacar na vida política do momento mediante o desenvolvemento das habelencias necesarias para o triunfo na política: capacidade de falar en público, ...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis