A crise da monarqu1a absoluta 2abdicaci3ns4 ocupaci5n napole6nica7
¿Qué concepto designa ao sistema de organización política, social, económica e poboacional que está en vigor nos estados de Europa dende o século XV ata a Revolución Francesa?
Apuntes
A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica) Introducción O concepto de Antigo Réxime designa ao sistema de organización política (absolutismo), social (estamentos), económica (predominio do sector agrario e mercantilismo) e poboacional (estancamento demográfico) que está en vigor nos estados de Europa dende o século XV ata a Revolución Francesa (1789) e as revolucións burguesas do século XIX. As transformacións económicas e sociais do século XVIII trouxeron en boa parte de Europa políticas ilustradas de reforma co obxectivo de perpetuar o Antigo Réxime. Con todo, manifestáronse as debilidades do sistema. O limitado alcance das reformas ilustradas propiciou un proceso que levará á desaparición do Antigo Réxime. Este proceso é denominado “crise do Antigo Réxime” e supón a entrada na Idade Contemporánea. En España, esta etapa correspóndese co reinado de Carlos IV (1788-1808) e co de Fernando VII (1808, 1813-1833). Por outra banda, como consecuencia desta crise política e social, neste período España perde case todo o imperio colonial. A crise da monarquía borbónica O reinado de Carlos IV (1788-1808), caracterizouse pola actuación dun monarca inepto que deixou o ...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis