En España,
Apuntes
En España, como no restos de países europeos, fóronse implantando as ideas humanistas, proceso que terá o seu momento álxido a principios do século XVI. A arte renacentista en España está estreitamente unida á figura dos Reis Católicos, á xerarquía eclesiástica e aos nobres (destacando os Mendoza e os Fonseca). Como no resto de países europeos, a España tamén chegaron arquitectos, pintores e escultores flamencos e italianos que adaptaron o novo linguaxe renacentista ás formas góticas tardías e mudéxares que existían na Península. Para entender a evolución da arquitectura española do Renacemento, temos que distinguir dous grandes períodos: -primeiro Renacemento ou plateresco (1500-1530). O termo “plateresco” fai referencia á decoración profusa que recubría as fachadas dos edificios e recordaba a labor de prateiros. Os Reis Católicos, a aristocracia e a Igrexa foron os grandes impulsores desta nova arte; as súas características foron: existencia aínda de elementos do Gótico tardío, como as bóvedas de cruzaría; elementos mudéxares; gran repertorio decorativo, disposto a candelieiri, de grutescos, amorcillos, quimeras, medallóns, grilandas, blasóns, escudos, putti; aparición da fachada...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis