TEMA 11. Las cuadras de la descolonización
Segundo o texto, que impacto tiveron as dúas guerras mundiais nas potencias coloniais europeas?
Apuntes
TEMA 11. DESCOLONIZACIÓN E NEOCOLONIALISMO. 1. AS CAUSAS DA DESCOLONIZACIÓN. 1.1. O impacto da Segunda Guerra Mundial. A situación interna das potencias coloniais europeas tras as dúas guerras. mundiais que tiveron que afrontar no curto espazo de trinta anos era de grande debilidade. Grandes perdas de poboación, unha estrutura económica por reconstruir e fortes débedas externas era o panorama máis común entre os países europeos. A participación e cooperación das colonias, na 2a Guerra Mundial provocou promesas por parte das metrópoles, que sentian a necesidade de botar man dos recursos de todo tipo que as colonias lles ofrecian. Nos primeiros momentos admitiron o establecemento de asembleas lexislativas, con participación dos nativos e tamén aumentou a participación destes na administración colonial. Era o comezo dun camiño. Rómpese, ademais, o mito da invencibilidade europea, especialmente durante a segunda guerra mundial. 1.2. A aparición de movementos anticoloniais. As transformacións económicas e sociais que se produciron nas colonias como consecuencia da súa inserción nun circuíto comercial mundial, trouxeron consigo a aparición de pequenas burguesias nativas, que levaron a ca...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis