Qué es la filosofía y su identidad

¿Qué es la filosofía según el texto?

Toca para voltear
1 / 5(10 total)

Apuntes

1 UD 1 Que é a filosofía? 1- Que é a filosofía? 2- A especificidade da filosofía 3- As ramas do saber filosófico 4- A filosofía na súa historia 4.1 A filosofía antiga 4.2 A filosofía medieval 4.3 A filosofía moderna 4.4 A filosofía contemporánea 1- Que é a filosofía? A diferenza dos animais, os seres humanos formulámonos preguntas sobre a nosa vida; dende a antigüidade cuestionámonos sobre todo tipo de temas: preguntámonos se hai algo despois da morte, por que debemos facer o ben, quen creou todo o que vemos, cal é o sentido da nosa vida... A necesidade que temos os seres humanos de atopar respostas para as nosas grandes preguntas aparecen en todas as culturas, no pasado e na actualidade. No pasado, as respostas dos pobos consistiron en mitos. Un mito é unha narración sagrada de acontecementos sucedidos hai tempo atrás, no que certos seres sobrenaturais realizaron accións memorables que explican o mundo actual. Os mitos da antiga Grecia son moi coñecidos pero existiron tamén lendas semellantes noutras culturas. Caracterízanse por ofrecer relatos transcendentes (que está máis alá deste mundo) ao recorrer a deuses e forzas marabillosas que están alén deste mundo. Pola contra, a razón...

Estudia con juegos interactivos

Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA

Empezar gratis