BLOQUE 1 (
¿Cuándo y por qué España ingresó en la Unión Europea?
Apuntes
BLOQUE 1 (PAU): España, Europa e a globalización A) España na Unión Europea. España non entrou na Unión Europea ata 1986, pese ás repetidas peticións do réxime franquista, debido a que a democracia era requisito indispensable para formar parte dela. Só despois da morte de Franco se tiveron en conta as demandas de integración de España no organismo internacional (que daquela se chamaba CEE, Comunidade Económica Europea), mais as negociacións para adhesión foron difíciles, destacando especialmente dous obstáculos: España ofertaba produtos agrícolas e pesqueiros que supoñían unha competencia para outros países comunitarios; e Europa esixía a adhesión de España á OTAN. Porén, tras longas negociacións e a posta en marcha dun importante programa de reformas económicas (Pactos da Moncloa, 1977), asinouse o Tratado de Adhesión ás Comunidades Europeas, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1986. Esta integración na CEE trouxo importantes consecuencias, que podemos clasificar en catro ámbitos: a) Político: España reforzou o seu sistema democrático e o estado de dereito, rematou a súa marxinación en Europa e aumentou a súa visibilidade internacional. Pola súa banda, Europa conseguiu, entre ou...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis