A Segunda Guerra Mundial
¿Cuál foi unha das orixes inmediatas da Segunda Guerra Mundial?
Apuntes
A Segunda Guerra Mundial A Segunda Guerra Mundial foi un conflito bélico aínda máis devastador có seu antecedente. As súas orixes inmediatas hai que buscalas no incremento da tensión internacional nos anos 1930, favorecida polas dificultades económicas e agravada pola política agresiva emprendida por Xapón, Italia e Alemaña. A magnitude acadada polo conflito superou todo o previsto e mesmo imaxinado en 1939. As súas consecuencias humanas, materiais, políticas e mesmo morais habían deixar unha pegada indeleble no mundo. As orixes do conflito. Para algúns historiadores, os vinte anos que seguiron á fin da Gran Guerra non foron máis ca unha que unha tregua conflitiva na longa guerra civil europea que se desenvolveu entre 1914 e 1945. Non houbo realmente paz: as insurreccións armadas, os conflictos civís e os enfrontamentos entre Estados inzaron estes anos. As destrucións e os millóns de mortos provocados pola Primeira Guerra Mundial, os cambios no mapa político europeo provocados pola desintegración dos vellos imperios e os tratados de paz, o impacto da revolución rusa e os problemas de adaptación á vida civil de millóns de excombatentes explicarían a cultura da violencia e a co...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis