III. EVOLUCI1N POL2TICA NA IDADE MODERNA3 S4CULOS XV - XVII
Ao longo da Idade Media imponse como modo de goberno a monarquía ______, é dicir, unha monarquía na que o poder do rei se debilita mentres se fortalece o dos señores feudais.
Apuntes
III. EVOLUCIÓN POLÍTICA NA IDADE MODERNA, SÉCULOS XV - XVII 13.1 A CREACIÓN DO ESTADO MODERNO. OS REIS CATÓLICOS. Ao longo da Idade Media imponse como modo de goberno a monarquía feudal, é dicir, unha monarquía na que o poder do rei se debilita mentres se fortalece o dos señores feudais, nobres e eclesiásticos, que controlan terras, recadan impostos, imparten xustiza e teñen exército propio. Pero a finais do Idade Media, nos séculos XIV e XV, os monarcas comezan un proceso de fortalecemento do poder real que culminará coa aparición dun novo tipo de monarquía, a monarquía AUTORITARIA, que provoca unha reorganización do poder e á formación do chamado ESTADO MODERNO. Os instrumentos empregados polos monarcas para fortalecer o seu poder foron: Unificar o territorio ou incluso amplialo mediante conquistas ou enlaces matrimoniais. Controlar o poder do Estado, impoñendo a súa autoridade sobre a nobreza, a Igrexa e tamén sobre os municipios. Mellorar a administración. Para iso comezan a fixar a corte nunha cidade, a capital, e desde ela controlan unha burocracia de funcionarios profesionais que, entre outras cousas, se encarga da recadación de impostos que proporciona aos monarcas i...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis