Xeografía
¿Cuáles son los principales tipos de clima en España?
Apuntes
Xeografía 2025-2026 Manuel Fdez. García 1 APARTADO 4. OS TIPOS DE CLIMA EN ESPAÑA E GALICIA En España, na liña co exposto na UD.1., existe unha importante diversidade climática. Os principais climas son o oceánico, o mediterráneo coas súas diferentes variantes, o de montaña e o subtropical de Canarias. 4.1. O clima oceánico Área Ocupa o norte da Península Ibérica: a cornixa cantábrica e Galicia Precipitacións O total anual supera os 800 mm e os días de chuvia son 150 ao ano. A distribución ao longo do ano é bastante regular, xa que esta área se atopa sobre a continua influencia das borrascas vinculadas a fronte polar. Con todo, adoita a darse un máximo de precipitación no inverno ou no outono-inverno, debido á maior frecuencia do paso das borrascas atlánticas, e un mínimo relativo no verán causado pola influencia do anticiclón das Azores, desprazado ao norte. Este mínimo pode dar lugar a un máximo de dous meses secos, que marca a transición ao clima mediterráneo continentalizado. A forma na que caen as precipitacións é suave, o que favorece a súa filtración no solo. Temperaturas As temperaturas caracterízanse por unha amplitude térmica moderada-baixa. Na costa, a amplitude térmica ...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis