BLOQUE 1:
¿Qué entidad englobou a Coroa de Castela e a de Aragón tras a unión dinástica dos Reis Católicos?
Apuntes
BLOQUE 1: SÉCULOS XV – XVIII PREGUNTA 1. A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS (unión dinástica, reorganización político-administrativa) O matrimonio (1469) e a posterior subida ao trono de Sabela de Castela (1474) e Fernando de Aragón (1479) supuxo a creación dun novo Estado: a Monarquía Hispánica. Esta entidade englobou á Coroa de Castela e á de Aragón, aínda que se trataba dunha unión dinástica ou familiar na que cada unha das Coroas mantivo a súa personalidade, con leis e institucións propias e diferenciadas, sen chegar a fusionar territorios, mantendo así as súas fronteiras. Para iso, Sabela e Fernando (ambos pertencían á dinastía Trastámara, pois eran curmáns segundos) chegaron a un acordo (a concordia de Segovia) no que quedou fixado o sistema de goberno. Este acordo realizouse ante o medo da nobreza castelá a que Fernando, por ser varón, gobernase en Castela. En Castela, os dous terían a mesma capacidade de decisión política e as ordes reais irían asinadas por ambos. Non obstante, Fernando sería só rei consorte, de maneira que Sabela conservaba en exclusiva os dereitos sucesorios. No reino de Aragón, as leis só permitían ser rei a Fernando, pero este asinou un decreto que con...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis