U NIDADE 9 1
Na Antigüidade grega Aristóteles fixo da felicidade un dos temas da súa ética. O concepto grego para a felicidade é o de ______, que podería traducirse como benestar do espírito.
Apuntes
U NIDADE 9 : Ética Un dos temas da ética ou filosofía moral é a procura da felicidade, xa que sermos felices é unha aspiración que compartimos tódolos seres humanos, en función da cal realizamos as nosas accións. Pero que é a felicidade? 1.1 A FELICIDADE EN ARIST ÓTELES : E UDAIMONÍA , VIRTUDE E COÑECEMEN TO . Na Antigüidade grega Aristóteles fixo da felicidade un dos temas da súa ética. O concepto grego para a felicidade é o de eudaimonía , que podería traducirse como benestar do espírito. Por este motivo a ética de Aristóteles é considerada unha ética eudaimoni sta ou ética da felicidade . Aristóteles sinala que as accións que realizamos no noso día a día son medios para chegar a outros fins . É dicir, non queremos as cousas que facemos por si mesmas, senón que normalmente querémolas porque nos serven para chegar a lograr algo máis. Por exemplo, para que estás facendo ti o bacharelato? Poderías responder que queres rematar bacharelato para poder entrar nunha carreira universitaria ou nun ciclo, esa é a túa finalidade para a cal o bacharelato é tan só un medio. Per o é verdadeiramente o teu propósito último cursar estudos superiores? Probablemente ...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis