TM1 filo
¿Qué diferencia la filosofía de los mitos antiguos?
Apuntes
• Que é a filosofía A diferenza dos animais, os seres humanos formulámonos preguntas sobre a nosa vida. Desde a antigüidade, cuestionámonos sobre temas como se hai algo despois da morte, por que debemos facer o ben, quen creou o mundo ou cal é o sentido da nosa existencia. A necesidade de atopar respostas a estas grandes preguntas manifesta-se en todas as culturas, tanto no pasado como na actualidade. No pasado, as respostas dos pobos eran mitos: narracións sagradas de acontecementos antigos nos que seres sobrenaturais realizaban accións memorables para explicar o mundo actual. Os mitos da antiga Grecia son moi coñecidos, pero existiron lendas similares noutras culturas. Caracterízanse por ofrecer relatos transcendentes, que están máis alá deste mundo, recorrendo a deuses e forzas marabillosas. En contraste, a razón ofrece explicacións inmanentes, baseadas na propia natureza, sen elementos sobrenaturais. Ademais, mentres no mito o mundo está dominado polo destino e a vontade dos deuses, nas explicacións racionales busca-se unha lei que articule a natureza. Desde o punto de vista racional, a realidade non é caótica, senón que responde a leis que o ser humano investiga e comprende....
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis