CONTEXTO H
¿Qué fue el agrarismo en Galicia entre 1900 y 1923?
Apuntes
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL 1900-1936 En Galicia este é o momento do agrarismo e posteriormente do nacionalismo coa chegada das Irmandades da Fala (1916), mais tamén o da acentuación do éxodo migratorio e da aparición do movemento obreiro. A inxente emigración transatlántica terá como consecuencia unha acusada fractura social: perda de man de obra e de capacidade de transformación social, rupturas familiares... A pesar da persistencia do fenómeno migratorio, Galicia rexistra un moderado crecemento demográfico. Asemade, aínda que a poboación vivía maioritariamente nun espazo rural, o apoxeo industrial (conserveira, naval e crecente sector eléctrico) favoreceu o aumento de habitantes nos núcleo urbanos (principalmente A Coruña e Vigo). O agrarismo constitúe o movemento social máis representativo do primeiro terzo do S XX, proceso reivindicativo que procura melloras nas condicións de vida dos campesiños, concretamente entre 1907 (data da fundación da sociedade agraria Solidaridad Gallega) e 1923. Porén, a principal organización nesa altura será Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez, levando adiante unha denuncia incendiaria contra o caciquismo, os foros e, en xeral, todos os ma...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis