O amor á s
¿Qué significa la palabra 'sophia' en griego?
Apuntes
O amor á sabedoría Os dous sentidos da filosofía A palabra sophia significa en grego 'sabedoría'. Na antiga Grecia chamá-baselle sophos ('sabio') á persoa que destacaba polos seus coñecementos nun campo concreto. Filosofía, pola contra, significa 'amor á sabedoría'. Segundo unha antiga tradición, a primeira persoa que empregou esta pa-labra foi Pitágoras, un célebre matemático e pensador presocrático. Pitágoras deulle este nome porque cría que a filosofía non consiste en posuír a verdade, senón en sentirse atraído por ela e en tratar de acadala. Para aclarar o que é a filosofía convén sinalar que esta palabra se pode utilizar en dous sentidos diferentes. Dunha banda a filosofía é unha disciplina académica, mais por outra é unha actividade de indagación moi particular. Como disciplina académica, a filosofía é un corpo de coñecementos. Neste sentido, a filosofía inclúe as teorías e os sistemas elaborados por diversos pensadores ao longo do tempo. Este é o significado que ten a pala-bra cando dicimos que alguén estuda filosofía na universidade. No entanto, o sentido orixinario da palabra filosofía non se refería a unha materia ou disciplina, senón máis ben a unha actividade. Como acti...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis