1. Unha nova mentalidade1 humanismo2 arte e ciencia
Qual foi a principal característica do humanismo?
Apuntes
• Subtopic: A Nova Mentalidade: Humanismo, Arte e Ciencia Que foi o humanismo? A finais da Idade Media, Europa iniciou unha transformación política, social e económica que conduciu á aparición do humanismo. Esta corrente cultural, que naceu no século XIV e alcanzou a súa plenitude no XV e principios do XVI, supuxo unha maneira nova de interpretar o mundo e influíu na literatura, na técnica, na relixión e na arte. Erasmo de Rotterdam, Thomas More, Antonio de Nebrija, Luis Vives e Isotta Nogarola foron destacados humanistas. Estes defenderon: - O antropocentrismo ou importancia do ser humano. Sen abandonar a fe, crían na intelixencia humana como instrumento de coñecemento. - O interese por alcanzar a verdade a través da razón e da experiencia. Observaban a natureza e analizaban a causa-efecto dos fenómenos. Sentaron as bases do método científico. - A inspiración na literatura, filosofía e arte da Antigüidade. Tras a toma de Constantinopla (1453), moitos sabios gregos emigraron a países de Europa, levando consigo textos clásicos. - O individualismo, derivado do antropocentrismo. Manifestouse nas biografías de personaxes contemporáneos e narracións das vidas de personaxes da Antig...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis