Preguntas-tema Unidade 2 Historia de Espa1a - 22 Bacharelato
O matrimonio en 1469 entre os futuros Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, ambos da casa de ______, supuxo o inicio da unificación peninsular baixo unha mesma dinastía.
Apuntes
Preguntas-tema Unidade 2 Historia de España - 2º Bacharelato 1. A nova monarquía dos Reis Católicos (unión dinástica, reorganización político-administrativa). O matrimonio en 1469 entre os futuros Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, ambos da casa de Trastámara, supuxo o inicio da unificación peninsular baixo unha mesma dinastía. Con todo, esta unión dinástica non supuxo unha unificación política, posto que cada reino mantivo a súa lexislación e institucións propias. A morte de Enrique IV de Castela en 1474 deu lugar a unha guerra de sucesión entre a súa irmá, Isabel, e a súa filla Juana, coñecida como “La Beltraneja”, que se resolveu en 1479 a favor de Isabel coa sinatura do Tratado de Alcáçovas, polo cal o rei de Portugal (cónxuxe de Juana) renunciaba á coroa castelá e Isabel e Fernando (que accedera ao trono aragonés ese ano) á portuguesa. Tras esta guerra, na que Juana contou co apoio dunha parte da nobreza castelá, os novos monarcas de Castela e Aragón iniciaron unha expansión territorial que os levou a conquistar Granada en 1492 (tras o cal recibiron do Papa o título de Reis Católicos) e a completar o dominio peninsular coa anexión de Navarra en 1512 (...
Estudia con juegos interactivos
Sube tus apuntes y genera flashcards, examenes y mas con IA
Empezar gratis